miércoles, 15 de diciembre de 2010
Axiña preto túa
"Corre, voa o paxariño, lévalle o meu corazón
pendurado no biquiño, dille que o seu fillo son
Dille que eu quero voltar
e de novo nas túas rías
nalgún espello me ver
Quero outear as campiñas e arrendecer os teus airiños antes que poida morrer..."
Xa me queda pouco para voltar e satisfacer ese sentimento tan duro e se cadra bonito á vez que é a morriña. Realmente un leva a súa terra e á súa xente sempre dentro e cando a súa realidade está lonxe deles, esa saudade cobra forza.
Foron catro meses nos que un conseguiu habituarse cada vez máis a estar fóra, mais a pesares diso endexamáis se olvida a orixe propia, a terra nai que da o ser e que agarda con forza a chegada dos seus fillos espallados polo mundo.
Non podo tentar sequera alcanzar a comprensión do que sufriron tódolos emigrantes galegos que houbo na nosa historia, especialmente a gran masa que se desprazou forzosamente a comezos de século XX. Pra eles si que era certo iso de "antes que poida morrer", e desgraciadamente para algúns deles non se viu saciada esa ansia de ver a terra amada. O meu non se pode comparar pero si teño que dicir, que a pesares diso a morriña existe dende que me metín na porta de embarque do avión xa van case catro meses. E coma homenaxe a tantos emigrantes dedícolles esta triste pero fermosa canción, lembrándolles que só teñen que pechar os ollos e mirar pra dentro pra poder sentir todas esas indescriptibles rías, campiñas e prazas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario